FINALMENTE O 8-M HAI SERVIZO DE COMEDOR


Adxuntamos información de Foanpas 

 Prezada comunidade educativa:


Ante a publicación hoxe, 5 de marzo no DOG dos servizos mínimos referidos á folga do 8 de marzo no caso que se aplica nos comedores escolares temos que comunicarvos que os servizos mínimos son do 100%. (páxinas 21 e 24 do decreto anexo).


Polo tanto, o luns 8 de marzo os comedores abrirán con total normalidade.

Lamentamos as molestias ocasionadas por estas comunicacións contradictorias de onte e hoxe, pero o borrador dos servizos mínimos non facía alusión aos comedores xestionados polas ANPAS.


Ante esto, no día, de onte, vímonos na obriga de tomar a decisión, FOANPAS e maila empresa concesionaria, de pechar ao non poder garantir que se manteñan os grupos burbullas e as demáis medidas de seguridade (distanciamento social…) tal e como recolle o protocolo de comedores avalado polas Consellerías de Educación e Sanidade. Non estaba asegurada a presenza do persoal necesario para poder cumprir estas medias por ter dereito  á folga.

Reiteramos as nosas desculpas e agradecemos o apoio recibidos durante estas horas tan complicadas para todos/as por parte das ANPAS e direccións dos centros e o luns 8 de marzo os comedores funcionarán con total normalidade

 Trasladarlles tamén as nosas máis sinceiras disculpas as familias da nosa comunidade educativa.


Un saúdo


A XUNTA DIRECTIVA DE FOANPAS

Comentarios

Entradas populares de este blog

As nosas RRSS

Info acollida