ÓS MAIOS

 GRAZAS NEREA E FAMILIA


Xa chegan os maios

ímolos celebrar

despois do ano pasado

isto xa é para lembrar.


Aos netos llo

 contaremos

parte da historia formará

foi un ano duro

e co medo que nos volveran confinar.


Hoxe xa estàn vacinados

boa parte dos maiores

é motivo de alegría

e celebrarémolo con flores.


Estou rematando terceiro

e Antonio é o mellor profe

malia que non me deixa cambiar en clase

e abafo coas calores.


Aló vai a despedida

voltaremos o vindeiro ano

que viva a nosa tradición

e sigamos cantándolle aos maios.

Comentarios

Entradas populares de este blog

As nosas RRSS

Info acollida